Configurar Mail para o acceso de Mac OS 10.6 Snow Leopard á súa conta de correo electrónico

 

Aplícase a: Office 365 for professionals and small businesses, Office 365 for enterprises, Microsoft Exchange, Live@edu

Última modificación do tema: 2012-05-10

Se executa Mac OS 10.6 Snow Leopard ou Mac OS 10.7 Lion, pode utilizar o programa Mail incluído nesas edicións para conectarse á súa conta de correo electrónico. O programa Mail tentará configurar a súa conta automaticamente.

Isto require menos pasos que usando IMAP ou POP. Ademais, se usa Mac OS 10.6 Snow Leopard ou Mac OS 10.7, pode utilizar funcións que non están dispoñibles para os usuarios que se conectan a través de IMAP ou POP, incluíndo iCal e a axenda de enderezos. Estes programas axúdanlle a xestionar o calendario e a axenda de enderezos.

Configurar Mail para o acceso de Mac OS 10.6 Snow Leopard ou Mac OS 10.7 á súa conta de correo electrónico

  1. Abra Mail e leve a cabo unha das seguintes accións:

    • Se nunca configurou contas de correo electrónico a través de Mail, aparecerá a páxina Benvido a Mail. Vaia ao paso 2.

    • Se xa configurou contas de correo electrónico a través de Mail, no menú Mail, prema Preferencias. No separador Contas, prema no signo máis (+) situado na parte inferior do panel de navegación para abrir a ventá Engadir conta.

  2. En Benvido a Mail ou na ventá Engadir conta:

    1. Na caixa Nome completo, introduza o nome que desexa amosarlle ás persoas ás que lle envía un correo electrónico.

    2. Na caixa Enderezo de correo electrónico, introduza o seu enderezo de correo electrónico principal.

    3. Na caixa Contrasinal, introduza o contrasinal para a súa conta de correo electrónico e prema en Continuar.

    O programa Mail usará a información que introduciu na paso anterior para tentar configurar automaticamente a súa conta de correo electrónico.

  3. Se o programa Mail foi quen de configurar automaticamente a súa conta, na caixa de diálogo Resumo da conta, en Configurar tamén, seleccione as opcións adicionais que desexa configurar para a conta.

    • Se desexa usar o programa Axenda de enderezos que se inclúe en Mac OS 10.6 Snow Leopard, seleccione Contactos da axenda de enderezos.

    • Se desexa usar o programa do calendario iCal que se inclúe en Mac OS 10.6 Snow Leopard, seleccione Calendarios iCal.

    • Despois de seleccionar as opcións desexadas, prema Crear.

  4. Se o programa Mail non puido configurar automaticamente a súa conta, agarde un par de minutos ou horas, e despois repita este pasos. Se o programa Mail continúa sen poder configurar automaticamente a súa conta, consulte o seguinte apartado "Que máis é preciso saber".

Que máis é preciso saber?

  • Non logrará conectarse á súa conta de correo electrónico a través de Mail for Mac se non rexistrou a súa conta. Se a súa conta de correo electrónico é do tipo das que precisan rexistrarse, pode rexistrala a primeira vez que inicie sesión en Outlook Web App. Despois de iniciar sesión na súa conta, peche a sesión. A continuación, tente conectarse usando Mail for Mac. Para obter máis información sobre como iniciar sesión na súa conta mediante Outlook Web App, consulte Como iniciar sesión na súa conta de correo electrónico por medio dun explorador web. Se ten problemas para iniciar sesión, consulte o apartado Preguntas máis frecuentes: Problemas de inicio de sesión e dos contrasinais ou póñase en contacto coa persoa que xestiona a súa conta de correo electrónico.

  • Se Mail non pode configurar a conta despois de repetir estes pasos, contacte co centro de asistencia.

Como podo conseguir máis información?