TERMOS DE LICENZA DO SOFTWARE DE MICROSOFT MICROSOFT AZURE INFORMATION PROTECTION

Estes termos de licenza son un contrato entre vostede e Microsoft Corporation (ou calquera das súas filiais). Son de aplicación ao software arriba mencionado e a calquera servizo de Microsoft ou actualizacións de software (agás na medida en que estes servizos ou actualizacións vaian acompañados de condicións de uso adicionais ou novas, en cuxo caso esas condicións de uso aplicaranse de forma prospectiva e non modificarán os dereitos de Microsoft nin os do usuario relacionados cos servizos ou software actualizados previamente).

SE CUMPRE CO ESTIPULADO NOS PRESENTES TERMOS DE LICENZA, O USUARIO GOZARÁ DOS DEREITOS ESTABLECIDOS A CONTINUACIÓN. O USO DESTE SOFTWARE IMPLICA A ACEPTACIÓN, POR PARTE DO USUARIO, DOS PRESENTES TERMOS.

1. DEREITOS DE INSTALACIÓN E USO

  • a) Xeral. O usuario poderá instalar e utilizar calquera número decopias do software.

  • b) Software de terceiros. O software pode incluír aplicacións de terceiros para as que se lle concede licenza ao usuario segundo este contrato ou segundo as súas propias condicións de uso. Os termos de licenza, avisos e recoñecementos, se procede, das aplicacións de terceiros son accesibles en liña na páxina https://aka.ms/thirdpartynotices ou no ficheiro de avisos que as acompañan. Aínda que ditas aplicacións estean rexidos por outros contratos, a exención de responsabilidade, as limitacións ou exclusións dos danos seguintes tamén son de aplicación até o límite permitido pola lexislación vixente.

2. RECOMPILACIÓN DE DATOS

É posible que o software recompile información acerca de vostede e do seu uso do software e a envíe a Microsoft. Microsoft poderá usar esta información para fornecer os servizos e mellorar os servizos e produtos de Microsoft. Os dereitos de exclusión do usuario, de habelos, descríbense na documentación do produto. Pode que algunhas funcionalidades do software permitan a recompilación de datos dos usuarios das aplicacións que teñen acceso ao software ou o usan. Se usa estas funcionalidades para habilitar a recompilación de datos nas aplicacións, debe cumprir coa lexislación vixente, incluída a obtención do consentimento dos usuarios que se precise e manter unha política de privacidade clara que informe de xeito preciso aos usuarios acerca de como usa os seus datos, os recompila e os comparte. Pode obter máis información acerca da recompilación de datos de Microsoft e do uso na documentación do produto e na Declaración de Privacidade de Microsoft na páxina https://go.microsoft.com/fwlink/?LinkId=512132. Vostede acepta cumprir todas as disposicións aplicables da Declaración de Privacidade de Microsoft.

3. ÁMBITO DE LICENZA

A licenza outorgada ao software é de utilización, non de venda. Microsoft resérvase todos os demais dereitos. De non ser que a lexislación vixente lle outorgue máis dereitos malia esta limitación, non poderá (e non terá dereito para):

  • a) solucionar as limitacións técnicas do software que só lle permiten usalo de certas maneiras;

  • b) empregar técnicas de enxeñería inversa, descompilar ou desensamblar o software;

  • c) eliminar, minimizar, bloquear ou modificar calquera aviso de Microsoft ou dos seus provedores no software;

  • d) usar o software de ningún xeito que infrinxa a lei nin para crear ou propagar malware; ou

  • e) compartir, publicar, distribuír ou emprestar o software, fornecer o software como unha solución aloxada e autónoma para que a usen outras persoas, ou transferir o software ou este contrato a un terceiro.

4. RESTRICIÓNS Á EXPORTACIÓN

Debe cumprir todas as leis e normativas nacionais e internacionais en materia de exportación aplicables ao software, que inclúen restricións nos destinos, usuarios finais e uso final. Para obter máis información sobre as restricións de exportación, visite a páxina https://aka.ms/exporting.

5. SERVIZOS DE SOPORTE TÉCNICO

Segundo este contrato, Microsoft non está obrigado a fornecer servizos de asistencia técnica para o software. Os servizos de asistencia técnica fornécense “tal cal”, “con todos os defectos” e sen garantía de ningún tipo.

6. ACTUALIZACIÓNS

É posible que o software busque periodicamente actualizacións e as descargue e instale por vostede. Pode obter actualizacións unicamente de Microsoft ou de orixes autorizadas. Microsoft pode ter que actualizar o sistema para fornecerlle estas actualizacións. Vostede acepta recibir estas actualizacións automáticas sen ningún aviso adicional. As actualizacións poden non incluír nin soportar todas as funcionalidades de software, servizos ou dispositivos periféricos existentes.

7. CONTRATO COMPLETO

Este contrato e calquera outra condición de uso que Microsoft forneza para os suplementos, actualizacións ou aplicacións de terceiros, constitúen o contrato completo do software.

8. LEI APLICABLE E LUGAR PARA A RESOLUCIÓN DE CONFLITOS

Se adquiriu o software nos Estados Unidos ou en Canadá, as leis do estado ou provincia de residencia (ou do lugar onde teña a sede principal do seu negocio) rexen a interpretación deste contrato, as reclamacións por incumprimento e o resto de reclamacións (incluídas as reclamacións relacionadas coas leis de protección ao consumidor, as leis de competencia desleal e agravio), independentemente dos principios de conflitos de leis. No caso de que este software fose adquirido nalgún outro país, será de aplicación a lexislación dese país. Se existe unha xurisdición federal dos EUA, o usuario e Microsoft aceptarán como xurisdición e sede exclusiva o tribunal federal do Condado de King, en Washington en todo conflito que sexa levado ao tribunal. Do contrario, o usuario e Microsoft aceptarán como xurisdición e sede exclusiva o Tribunal superior de xustiza do Condado de King, en Washington en todo conflito que sexa levado ao tribunal.

9. DEREITOS DO CONSUMIDOR, VARIACIÓNS REXIONAIS

Este contrato describe algúns dereitos legais. Pode ter outros dereitos, incluídos dereitos de consumidor, segundo as leis do seu estado, provincia ou país. De xeito independente e separado da súa relación con Microsoft, tamén pode ter dereitos con respecto á parte á que adquiriu o software. Este contrato non modifica os outros dereitos se as leis do país, provincia ou estado de residencia non o permiten. Por exemplo, se adquiriu o software nunha das seguintes rexións ou aplícanse leis do país obrigatorias, as disposicións seguintes serán de aplicación:

  • a) Australia. O usuario disporá de garantías legais fornecidas pola lei do consumidor de Australia, que este contrato non pretenden modificar.

  • b) Canadá. Se adquiriu o software en Canadá, poderá deixar de recibir actualizacións no seu dispositivo mediante a desactivación da funcionalidade de actualización automática, a desconexión do dispositivo da internet (non obstante, se se conecta de novo á internet, o software retomará a busca e instalación de actualizacións) ou a desinstalación do software. A documentación do produto, de habela, tamén pode especificar como desactivar as actualizacións do dispositivo ou software.

  • c) Alemaña e Austria.

    • (i) Garantía. O software que dispoña da licenza correspondente se executará, basicamente, segundo o descrito nos materiais de Microsoft que recibiu co software. Non obstante, Microsoft non outorgará ningunha garantía contractual en relación co software que dispoña da licenza.

    • (ii) Limitación de responsabilidade. En caso de conduta intencional, neglixencia grave, reclamacións baseadas na Lei de responsabilidade por produtos, así como en caso de falecemento ou danos corporais ou lesións físicas, Microsoft será responsable de acordo coa lexislación estatutaria.

Suxeito á cláusula (ii) seguinte, Microsoft só será responsable por neglixencia leve se Microsoft infrinxiu ditas obrigas contractuais materiais, cuxo cumprimento permite a debida execución deste contrato, e cuxo incumprimento podería pór en perigo o propósito deste contrato e a confianza dunha parte no seu cumprimento (tamén denominado, “obrigas cardinais”). Noutros casos de neglixencia leve, Microsoft non será responsable de neglixencias leves.

10. EXCLUSIÓN DE GARANTÍA

FORNÉCESE LICENZA PARA O SOFTWARE “TAL CAL”. O USUARIO ACEPTA O RISCO DE EMPREGALO. MICROSOFT NON OUTORGA NINGUNHA GARANTÍA NIN CONDICIÓN EXPLÍCITA. NA MEDIDA EN QUE O PERMITA A LEXISLACIÓN APLICABLE, MICROSOFT EXCLÚE TODAS AS GARANTÍAS IMPLÍCITAS DE COMERCIABILIDADE, IDONEIDADE PARA UN FIN PARTICULAR E AUSENCIA DE INFRACCIÓN.

11. LIMITACIÓN E EXCLUSIÓN DE DANOS

SE O USUARIO TEN FUNDAMENTOS PARA OBTER INDEMNIZACIÓN POR DANOS MALIA A ANTERIOR EXCLUSIÓN DE GARANTÍA, PODERÁ OBTER DE MICROSOFT E OS SEUS FORNECEDORES INDEMNIZACIÓNS POR DANOS DIRECTOS DE ATÉ UN MÁXIMO DE CINCO DÓLARES ESTADOUNIDENSES. NON TERÁ DEREITO A INDEMNIZACIÓN NINGUNHA POR DANOS DOUTRA NATUREZA, INCLUÍDOS OS CONSECUENTES, ESPECIAIS, INDIRECTOS OU INCIDENTAIS, ASÍ COMO TAMPOUCO OS DERIVADOS DE LUCRO CESANTE.

Esta limitación aplícase a (a) todo o relacionado co software, os servizos, o contido (incluído o código) en sitios da internet de terceiros ou aplicacións de terceiros; e (b) calquera reclamación por incumprimento de contrato, incumprimento de garantía ou condición, responsabilidade estrita, neglixencia ou calquera outro agravio até o límite permitido pola lexislación vixente.

Aplícase tamén mesmo no caso de que Microsoft coñecese ou debese coñecer a posibilidade de que se producisen os devanditos danos. É posible que a limitación ou exclusión anterior non sexa de aplicación, no caso de que o estado, provincia ou país de residencia do usuario non permita a exclusión ou limitación de danos incidentais, consecuentes ou de calquera outro tipo.