Como iniciar sesión na súa conta de correo electrónico por medio dun explorador web

 

Aplícase a: Office 365 for professionals and small businesses, Office 365 for enterprises, Microsoft Exchange, Live@edu

Última modificación do tema: 2014-08-27

Pode utilizar Outlook Web App para acceder á súa conta de correo electrónico a través dun explorador web. O URL (enderezo web) que empregue para iniciar sesión en Outlook Web App depende do tipo de conta que teña. Pode utilizar Outlook Web App para acceder a calquera conta de correo electrónico aloxada nun servidor que funcione con Microsoft Exchange Server 2010.

Que URL teño que utilizar para iniciar sesión en Outlook Web App?

  1. Abra o explorador web ou, se xa está aberto, abra unha nova ventá.

  2. Vaia ao URL que corresponda ao tipo de conta que vostede teña.

    Conta Tipo URL

    Microsoft Office 365

    Baseada na nube

    http://mail.office365.com

    Microsoft Live@edu

    Baseada na nube

    http://outlook.com

    Microsoft Business Productivity Online Standard Suite (BPOS)

    Baseada na nube

    Vaia a Enderezos URL para Microsoft Online Services.

    Conta de correo electrónico corporativa

    Local (Microsoft Exchange Server)

    Vaia ao enderezo URL fornecido pola persoa que xestiona a súa conta de correo electrónico. Por exemplo, unha empresa chamada Contoso podería usar un URL como https://mail.contoso.com.

    Nota

    Se ten unha conta de Microsoft Office 365, tamén pode acceder ao correo electrónico a través do portal de Office 365. Para facer isto, inicie sesión na súa conta no portal de Office 365 e, a continuación, prema en Outlook na parte superior da páxina.

    Nota

    Se ten unha conta de Live@edu, tamén pode acceder ao correo electrónico a través dun URL personalizado, creado pola persoa que xestiona a súa conta de correo electrónico.

  3. Introduza o enderezo de correo electrónico completo do seu ID.

  4. Introduza o seu contrasinal.

  5. Prema en Iniciar sesión.

  6. Tamén pode utilizar as caixas de verificación para que o computador que está a utilizar lembre o seu ID e o seu contrasinal. Non seleccione a caixa de verificación se comparte o computador con outras persoas.

Que máis é preciso saber?

  1. Pode utilizar os exploradores Web máis populares para acceder á súa caixa de correo. Para obter máis información sobre a compatibilidade do explorador, consulte este tema: Exploradores compatibles con Outlook Web App

  2. Se é vostede o administrador do correo electrónico da súa organización e está a empregar un servizo baseado na nube, consulte Configurar URL de inicio de sesión para Outlook Web App.