docs.microsoft.com - Condicións de Uso

Aceptación das Condicións de Uso

Os servizos que proporciona Microsoft están suxeitos ás seguintes Condicións de Uso ("CDU"). Microsoft resérvase o dereito de actualizar as CDU en calquera momento sen previo aviso. A versión máis actual das Condicións de Uso pode consultarse se preme na ligazón de hipertexto "Condicións de Uso" que se atopa na parte inferior das nosas páxinas web.

Parte superior da páxina

Descrición do servizo

A través da súa rede de propiedades web, Microsoft fornece acceso a unha ampla variedade de recursos, entre os que se inclúen documentación, ferramentas para programadores, áreas de descarga, foros de comunicación e información sobre produtos (denominados en conxunto "Servizos"). Os Servizos, incluídas as actualizacións, melloras, características novas ou a adición de calquera propiedade nova estarán suxeitos ás CDU.

Parte superior da páxina

Restrición de uso personal e non comercial

A menos que se especifique o contrario, os Servizos son para uso persoal e non comercial. Non pode transmitir nin vender información, software, produtos ou servizos que obteña dos Servizos sen o consentimento previo por escrito de Microsoft.

Parte superior da páxina

Privacidade e protección da información persoal

Consulte as divulgacións da Declaración de privacidade relacionadas coa recompilación e o uso da súa información.

Parte superior da páxina

Aviso específico acerca do software dispoñible neste sitio web

Calquera software dispoñible para descargar nos Servizos ("Software") é unha obra con copyright de Microsoft ou dos seus distribuidores. O uso do Software réxese segundo as condicións de uso do contrato de licenza para o usuario final, se as houbera, que acompañan ao Software ou se inclúen nel ("Contrato de licenza"). Un usuario final non poderá instalar Software que inclúa ou vaia acompañado dun Contrato de Licenza, salvo que acepte primeiro as condicións de uso de dito Contrato de Licenza. As licenzas dos scripts ou do código de terceiros ligados a este sitio web ou aos que se faga referencia desde este, serán fornecidas polos terceiros propietarios do devandito código, non Microsoft.

O Software está dispoñible para descargar unicamente para que os usuarios finais o usen de acordo co Contrato de Licenza. A lexislación prohibe expresamente calquera reprodución ou redistribución do Software que non cumpra o estipulado no Contrato de Licenza, o que podería dar lugar a sancións civís e penais graves. Procesarase aos infractores na máxima medida posible.

SEN LIMITAR O EXPOSTO ANTERIORMENTE, PROHÍBESE EXPRESAMENTE A COPIA OU REPRODUCIÓN DO SOFTWARE EN CALQUERA OUTRO SERVIDOR OU LOCALIZACIÓN PARA A SÚA POSTERIOR REPRODUCIÓN OU REDISTRIBUCIÓN, A MENOS QUE A DEVANDITA REPRODUCIÓN OU REDISTRIBUCIÓN SE AUTORICE EXPRESAMENTE NO CONTRATO DE LICENZA QUE ACOMPAÑA AO SOFTWARE.

A GARANTÍA DO SOFTWARE, EN TODO CASO, ESTARÁ EXCLUSIVAMENTE SUXEITA ÁS CONDICIÓNS DE USO DO CONTRATO DE LICENZA. EXCEPTO AS GARANTÍAS ESTABLECIDAS NO CONTRATO DE LICENZA, MICROSOFT CORPORATION RENUNCIA MEDIANTE ESTE DOCUMENTO A TODA GARANTÍA CON RESPECTO A O SOFTWARE, INCLUÍDAS TODAS AS GARANTÍAS E CONDICIÓNS DE COMERCIABILIDADE, BEN SEXAN EXPRESAS, IMPLÍCITAS OU LEGAIS, IDONEIDADE PARA UN PROPÓSITO ESPECÍFICO, TITULARIDADE E AUSENCIA DE INFRACCIÓN. PARA A SÚA COMODIDADE, É POSIBLE QUE MICROSOFT POÑA Á SÚA DISPOSICIÓN FERRAMENTAS E UTILIDADES PARA A SÚA UTILIZACIÓN OU DESCARGA COMO PARTE DOS SERVIZOS OU NO SEU SOFTWARE. MICROSOFT NON GARANTE A EXACTITUDE DOS RESULTADOS QUE SE DERIVEN DO USO DESAS FERRAMENTAS E UTILIDADES. RESPECTE OS DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL DOUTROS AO UTILIZAR AS FERRAMENTAS E UTILIDADES DISPOÑIBLES NOS SERVIZOS OU NO SOFTWARE DE MICROSOFT.

LENDA DE DEREITOS RESTRINXIDOS. Todo Software que se descargue desde os Servizos para os Estados Unidos de América ou no seu nome, o das súas axencias ou axentes ("Goberno de EUA") ou para os anteriormente mencionados, fornécese con dereitos restrinxidos. O uso, a duplicación ou a revelación por parte do goberno de EUA está suxeito a restricións, como se estableceu anteriormente no subparágrafo (c)(1)(ii) da cláusula "Rights in Technical Data and Software" (Dereitos sobre datos técnicos e software), en DFARS 252.227-7013 ou nos subparágrafos (c)(1) e (2) da cláusula "Commercial Computer Software - Restricted Rights" (Software informático comercial: dereitos restrinxidos), en 48 CFR 52.227-19, segundo proceda. O fabricante é Microsoft Corporation, One Microsoft Way, Redmond, WA 98052-6399, EUA.

Parte superior da páxina

Aviso específico acerca dos documentos dispoñibles neste sitio web

É posible que algunha documentación estea suxeita a condicións de licenza explícitas distintas das condicións de uso que se inclúen neste documento. En caso de conflito das condicións de uso, prevalecerán as condicións explícitas da licenza.

MICROSOFT OU OS SEUS RESPECTIVOS DISTRIBUIDORES NON REALIZAN MANIFESTACIÓN ALGUNHA RESPECTO Á IDONEIDADE DA INFORMACIÓN INCLUÍDA NA DOCUMENTACIÓN E GRÁFICOS ASOCIADOS QUE SE PUBLICARAN COMO PARTE DOS SERVIZOS PARA CALQUERA FINALIDADE. A TOTALIDADE DESTA DOCUMENTACIÓN E GRÁFICOS ASOCIADOS FORNÉCESE "TAL CAL", SEN GARANTÍA DE NINGÚN TIPO. MICROSOFT OU OS SEUS RESPECTIVOS DISTRIBUIDORES RENUNCIAN MEDIANTE ESTE DOCUMENTO A TODA GARANTÍA E CONDICIÓN CON RESPECTO A ESTA INFORMACIÓN, INCLUÍDAS AS GARANTÍAS E CONDICIÓNS IMPLÍCITAS DE COMERCIABILIDADE, BEN SEXAN EXPRESAS, IMPLÍCITAS OU PREVISTAS POLA LEI, IDONEIDADE PARA UN DETERMINADO FIN, TITULARIDADE E AUSENCIA DE INFRACCIÓN. NIN MICROSOFT NIN OS SEUS DISTRIBUIDORES SERÁN, EN NINGÚN CASO, RESPONSABLES POR DANOS ESPECIAIS, INDIRECTOS, CONSECUENCIAIS NIN POR OUTROS DANOS OCASIONADOS POLA PERDA DE USO, DATOS OU LUCRO, INDEPENDENTEMENTE DE QUE SE DEBA A UNHA ACCIÓN CONTRACTUAL, A NEGLIXENCIA OU A OUTRA ACCIÓN DOLOSA, QUE SE DERIVE DA UTILIZACIÓN OU O DESEMPEÑO DA INFORMACIÓN DISPOÑIBLE NOS SERVIZOS.

É POSIBLE QUE A DOCUMENTACIÓN E OS GRÁFICOS ASOCIADOS PUBLICADOS NOS SERVIZOS INCLÚAN IMPRECISIÓNS TÉCNICAS OU ERROS TIPOGRÁFICOS. AS MODIFICACIÓNS ENGÁDENSE PERIODICAMENTE Á INFORMACIÓN AQUÍ EXPOSTA. MICROSOFT OU OS SEUS RESPECTIVOS DISTRIBUIDORES PODEN REALIZAR MELLORAS OU MODIFICACIÓNS NOS PRODUTOS OU PROGRAMAS AQUÍ DESCRITOS EN CALQUERA MOMENTO.

Parte superior da páxina

Avisos relativos ao Software, aos documentos e aos servizos dispoñibles neste sitio web

NIN MICROSOFT NIN OS SEUS DISTRIBUIDORES SERÁN, EN NINGÚN CASO, RESPONSABLES POR DANOS ESPECIAIS, INDIRECTOS, CONSECUENCIAIS NIN POR OUTROS DANOS OCASIONADOS POLA PERDA DE USO, DATOS OU LUCRO, INDEPENDENTEMENTE DE QUE SE DEBA A UNHA ACCIÓN CONTRACTUAL, A NEGLIXENCIA OU A OUTRA ACCIÓN DOLOSA, QUE SE DERIVE DA UTILIZACIÓN OU O DESEMPEÑO DO SOFTWARE, OS DOCUMENTOS, A PRESTACIÓN OU NON PRESTACIÓN DE SERVIZOS OU DA INFORMACIÓN DISPOÑIBLE NOS SERVIZOS.

Parte superior da páxina

Conta de membro, contrasinal e seguranza

Se algún dos servizos require que abra unha conta, deberá realizar o proceso de rexistro fornecéndonos información actual, completa e exacta cando se requira no formulario de rexistro. Tamén deberá escoller un contrasinal e un nome de usuario. Vostede é o único responsable de manter a confidencialidade do seu contrasinal e da súa conta. Ademais, vostede é absolutamente responsable de todas e cada unha das actividades que se produzan con esa conta. Vostede acepta notificar a Microsoft inmediatamente acerca de calquera uso non autorizado da súa conta ou de calquera outra infracción de seguranza. Microsoft non será responsable das perdas que poida sufrir como consecuencia de que outra persoa utilice o seu contrasinal ou a súa conta, tanto se isto sucedeu ou non co seu coñecemento. Non obstante, será responsable das perdas que sufra Microsoft ou calquera terceira parte se outra persoa utiliza a súa conta ou contrasinal. Non poderá utilizar en ningún momento a conta doutra persoa sen o permiso do titular da conta.

Parte superior da páxina

Ningún uso ilícito ou prohibido

Como condición de uso dos Servizos, non utilizará os Servizos para ningún propósito que sexa ilícito ou estea prohibido por estas condicións de uso, condicións e avisos. Vostede non pode utilizar os Servizos de ningunha forma que puidera danar, desactivar, sobrecargar ou deteriorar algún servidor de Microsoft (así como as redes conectadas a este) nin interferir co uso e goce por parte de terceiros de calquera dos Servizos. Vostede non tentará obter acceso non autorizado a ningún dos Servizos, a outras contas, a sistemas informáticos ou a redes conectadas a calquera servidor de Microsoft ou a calquera dos Servizos por medio de técnicas de piratería informática, detección de contrasinais nin calquera outro medio. Vostede non pode obter nin tentar obter ningún material ou información por ningún medio non posto á súa disposición para tal fin a través dos Servizos.

Parte superior da páxina

Uso dos Servizos

É posible que os Servizos conteñan servizos de correo electrónico, servizos de boletíns electrónicos, zonas de chat, grupos de noticias, foros, comunidades, páxinas web persoais, calendarios, álbums de fotos, contedores de ficheiros ou outras aplicacións de mensaxes ou comunicación deseñadas para permitirlle a comunicación con outros usuarios (individualmente, "Servizo de Comunicación" e colectivamente, "Servizos de Comunicación"). Vostede acepta utilizar os Servizos de Comunicación unicamente para publicar, enviar e recibir mensaxes e materiais que sexan apropiados e, cando corresponda, estean relacionados co devandito Servizo de Comunicación determinado. A modo de exemplo, pero sen limitarse a el, acepta que ao utilizar os Servizos de Comunicación, non realizará ningunha das seguintes accións:

  • Utilizar os Servizos de Comunicación no relacionado con enquisas, concursos, sistemas piramidais, cartas en cadea, correo lixo, correo non desexado ou mensaxes duplicadas ou non solicitadas (comerciais ou doutra índole).
  • Difamar, abusar, acosar, ameazar ou infrinxir os dereitos legais (como o dereito á privacidade e o dereito de publicidade) doutras persoas.
  • Publicar, cargar, distribuír ou difundir temas, nomes, materiais ou información que sexan inapropiados, irreverentes, difamatorios, obscenos, indecentes ou ilícitos.
  • Cargar ou dalgunha maneira poñer a disposición doutras persoas, ficheiros que conteñan imaxes, fotografías, software ou outro material protexido polas leis de propiedade intelectual, incluídas, a modo de exemplo e sen limitación, as leis de dereitos de autor ou de marcas comerciais (ou que infrinxan o dereito á privacidade ou á publicidade), a menos que vostede posúa ou controle os dereitos para iso ou recibira todos os permisos necesarios para facelo.
  • Utilizar calquera material ou información, incluídas imaxes ou fotografías, que se puxese a disposición a través dos Servizos de calquera modo que infrinxa as leis de propiedade intelectual, de marcas rexistradas, patentes, secretos comerciais ou outros dereitos de propiedade dalgunha das partes.
  • Cargar ficheiros que conteñan virus, cabalos de Troia, vermes, bombas de tempo, robots de cancelación, ficheiros danados ou algún outro software ou programa similar que poida causar prexuízo no funcionamento dos equipos ou na propiedade doutros.
  • Anunciar ou ofrecer a venda ou compra de bens ou servizos para algún fin comercial, a menos que eses Servizos de Comunicación permitan especificamente as devanditas mensaxes.
  • Descargar calquera ficheiro publicado por outro usuario dun Servizo de Comunicación que coñeza ou debera coñecer de forma razoable, que non poida reproducirse, mostrarse, executarse ou distribuírse desa forma.
  • Falsificar ou eliminar calquera información relativa ao tratamento do copyright, como atribucións do autor, avisos legais, outros avisos apropiados, etiquetas, designacións de propiedade na orixe, fonte do software ou outro material contido nun ficheiro que se cargase.
  • Restrinxir ou impedir a outros usuarios que utilicen ou gocen dos Servizos de Comunicación.
  • Infrinxir calquera código de conduta ou outras instrucións que sexan aplicables para un Servizo de Comunicación determinado.
  • Reunir ou dalgún modo recompilar información acerca doutros, incluídos enderezos de correo electrónico.
  • Infrinxir calquera lei ou regulación aplicable.
  • Crear unha identidade falsa a fin de enganar a outros.
  • Utilizar, descargar ou dalgún modo copiar ou fornecer (mediante pago ou de forma gratuíta) a unha persoa física ou xurídica, algún directorio de usuarios dos Servizos, así como tampouco información de usuario ou de uso nin ningunha parte desta.

Microsoft non ten ningunha obriga de supervisar os Servizos de Comunicación. Non obstante, Microsoft resérvase o dereito de revisar os materiais expostos nos Servizos de Comunicación e retirar o que considere oportuno segundo o seu criterio. Microsoft resérvase o dereito de finalizar o seu acceso a algún ou a todos os Servizos de Comunicación en calquera momento, sen previo aviso e por calquera razón.

Microsoft resérvase o dereito a revelar, en calquera momento, a información que Microsoft crea oportuno para cumprir coa lei, regulamento, proceso legal ou solicitude gobernamental aplicable, ou a editar, negarse a publicar ou retirar calquera información ou material, total ou parcialmente, a criterio de Microsoft.

Nos Servizos de Comunicación, teña sempre coidado cando facilite calquera información de identificación persoal sobre vostede ou os seus fillos. Microsoft non controla nin aproba o contido, as mensaxes nin a información de ningún dos Servizos de Comunicación e, polo tanto, Microsoft renuncia especificamente a toda responsabilidade derivada dos Servizos de Comunicación e de calquera acción resultante da participación dos usuarios nos devanditos servizos. Nin os xestores nin os anfitrións son portavoces autorizados de Microsoft, nin os seus puntos de vista reflicten necesariamente as opinións de Microsoft.

Os materiais cargados nos Servizos de Comunicación poden estar suxeitos a limitacións expostas de uso, reprodución ou divulgación. Se descarga os materiais, será responsabilidade súa respectar as devanditas limitacións.

Parte superior da páxina

Materiais fornecidos a Microsoft ou publicados nos sitios web de Microsoft

Microsoft non reclama a propiedade dos materiais que vostede fornece a Microsoft (incluídos comentarios e suxestións) ou que publica, carga, escribe ou envía a calquera dos Servizos ou aos seus servizos asociados para a súa revisión por parte do público en xeral ou polos membros dunha comunidade pública ou privada, (cada un deles denominado individualmente "Envío" e colectivamente "Envíos"). Non obstante, ao publicar, cargar, introducir, fornecer ou enviar ("Publicar") o seu envío, estará outorgando a Microsoft, ás súas empresas filiais e titulares de licenza secundarios necesarios o permiso para utilizar o seu envío en relación co desempeño das súas actividades empresariais a través da internet (nas que se inclúen, entre outros, todos os Servizos de Microsoft) incluído sen limitación os dereitos de licenza para: copiar, distribuír, transmitir, mostrar ou executar publicamente, reproducir, editar, traducir e cambiar o formato do Envío; para publicar o seu nome en relación co Envío, así como o dereito para conceder sublicenzas deses dereitos a calquera fornecedor dos Servizos.

Non se pagará compensación algunha con respecto ao uso do Envío, tal como queda estipulado neste documento. Microsoft non ten ningunha obriga de expoñer ou utilizar os Envíos que vostede forneza e Microsoft pode retirar calquera Envío, en calquera momento, segundo o seu criterio.

Ao publicar un Envío, vostede garante e declara que é o propietario, ou doutro modo, controla todos os dereitos do Envío, tal e como se describe nestas Condicións de Uso, incluídos, entre outros, todos os dereitos necesarios para fornecer, publicar, cargar, introducir ou realizar os Envíos.

Ademais da garantía e a declaración establecidas anteriormente, ao publicar un Envío que contén, total ou parcialmente, imaxes, fotografías, ilustracións ou doutro modo, elementos gráficos ("Imaxes"), vostede garante e declara que (a) é o propietario do copyright das devanditas imaxes ou que o propietario do copyright destas concedeulle permiso para utilizar as imaxes ou calquera contido ou imaxes contidas nas devanditas imaxes, de acordo co modo e o obxectivo da súa utilización e, dalgunha maneira, permitidos polas Condicións de Uso e os Servizos descritos neste documento, (b) ten os dereitos necesarios para conceder as licenzas e sublicenzas descritas nestas Condicións de Uso e (c) que todas as persoas incluídas nas devanditas imaxes, se as houbera, deron o seu consentimento para o uso das imaxes como se indicou anteriormente nestas Condicións de Uso, incluídas, a modo de exemplo e non limitadas por el, a distribución, exposición pública e reprodución desas imaxes. Ao publicar imaxes, concede (a) a todos os membros da súa comunidade privada (para cada unha das imaxes dispoñibles para os membros da devandita comunidade privada) ou (b) ao público en xeral (para cada unha das imaxes dispoñibles en calquera parte dos Servizos, aparte da comunidade privada), o permiso para utilizar as súas imaxes en relación co uso, na medida en que estas Condicións de Uso o permitan, de calquera dos Servizos (incluídas, a modo de exemplo, pero non limitadas por el, a impresión de copias e a entrega de agasallos que poidan incluír esas imaxes), incluída, entre outros, unha licenza non exclusiva, internacional e libre de dereitos de autor para: copiar, distribuír, transmitir, mostrar ou executar publicamente, reproducir, editar, traducir e cambiar o formato das imaxes sen facer mención ao seu nome, así como o dereito a transferir a licenza deses dereitos a calquera distribuidor dos Servizos. As licenzas outorgadas nas cláusulas anteriores para imaxes concluirán no momento en que retire completamente esas imaxes dos Servizos, sempre e cando a devandita conclusión non afecte a ningunha das licenzas outorgadas en relación coas imaxes mencionadas con anterioridade ao momento no que se retiren as imaxes. Non se pagará compensación algunha con respecto ao uso das súas imaxes.

Parte superior da páxina

De acordo co Título 17, Sección 512(c)(2) do Código dos Estados Unidos, as notificacións por presunta infracción de copyright deben enviarse ao axente designado do fornecedor de servizos. AS RECLAMACIÓNS QUE NON SE AXUSTEN AO SEGUINTE PROCEDEMENTO NON RECIBIRÁN RESPOSTA.

Consulte os Avisos e procedementos da reclamación por incumprimento dos dereitos de copyright.

Parte superior da páxina

Ligazóns a sitios de terceiros

AS LIGAZÓNS DESTA ÁREA PERMITIRANLLE ABANDONAR O SITIO DE MICROSOFT. MICROSOFT NON CONTROLA OS DEVANDITOS SITIOS NIN É RESPONSABLE DO SEU CONTIDO, DAS LIGAZÓNS QUE INCLÚEN OS SITIOS VINCULADOS, NIN DAS MODIFICACIÓNS OU ACTUALIZACIÓNS QUE SE REALIZAN NOS DEVANDITOS SITIOS. MICROSOFT NON É RESPONSABLE DA RETRANSMISIÓN WEB NIN DE CALQUERA OUTRO TIPO PROCEDENTE DOS SITIOS VINCULADOS. MICROSOFT SÓ LLE FORNECE ESTAS LIGAZÓNS PARA A SÚA COMODIDADE E A SÚA INCLUSIÓN NON IMPLICA A APROBACIÓN DOS DEVANDITOS SITIOS POR PARTE DE MICROSOFT.

Parte superior da páxina

Política de envío de ideas no solicitadas

NIN MICROSOFT NIN NINGÚN DOS SEUS EMPREGADOS ACEPTAN OU CONSIDERAN IDEAS NON SOLICITADAS, INCLUÍDO IDEAS PARA NOVAS CAMPAÑAS DE PUBLICIDADE, NOVAS PROMOCIÓNS, NOVOS PRODUTOS OU TECNOLOXÍAS, PROCESOS, MATERIAIS, PLANS DE MÁRKETING OU NOVOS NOMES DE PRODUTOS. NON ENVÍE MATERIAL GRÁFICO CREATIVO ORIXINAL, MOSTRAS, DEMOS, NIN NINGÚN OUTRO TIPO DE TRABALLO. O ÚNICO FIN DESTA POLÍTICA É EVITAR POSIBLES MALENTENDIDOS OU CONFLITOS CANDO OS PRODUTOS DE MICROSOFT OU AS ESTRATEXIAS DE MÁRKETING PUIDERAN PARECER SIMILARES ÁS IDEAS ENVIADAS A MICROSOFT. POLO TANTO, NON ENVÍE IDEAS NON SOLICITADAS A MICROSOFT NIN A NINGUÉN QUE TRABALLE EN MICROSOFT. SE A PESAR DA NOSA PETICIÓN DE QUE NON NOS ENVÍE IDEAS NIN MATERIAIS VOSTEDE OS ENVÍA, DEBERÁ ENTENDER QUE MICROSOFT NON GARANTE QUE ESAS IDEAS OU MATERIAIS SEXAN TRATADOS COMO SE FOSEN CONFIDENCIAIS E DA SÚA PROPIEDADE.

Parte superior da páxina