Configurar a súa conta de correo electrónico no seu teléfono móbil

 

Aplícase a: Office 365 for professionals and small businesses, Office 365 for enterprises, Microsoft Exchange, Live@edu

Última modificación do tema: 2012-03-28

Pode utilizar un teléfono móbil para acceder á información da súa conta. Se configura unha conta de Exchange ActiveSync no seu dispositivo, esta información pode incluír mensaxes de correo electrónico, mensaxes de correo de voz e tamén datos de tarefas, contactos e calendario. Se configura unha conta POP3 ou IMAP4, só poderá enviar e recibir correo electrónico.

Para obteres instrucións sobre como configurar o teu teléfono móbil ou outro dispositivo móbil, consulta Asistente de configuración do teléfono móbil e Funcións do teléfono móbil.

Importante

Se a súa conta de correo electrónico é do tipo das que precisan rexistrarse, debe rexistrala a primeira vez que inicie sesión en Outlook Web App. Non logrará conectarse á súa conta de correo electrónico a través dun teléfono móbil se non rexistrou a súa conta con Outlook Web App. Despois de iniciar sesión na súa conta, peche a sesión. A seguir, probe a conectarse co teléfono móbil. Para obter máis información sobre como iniciar sesión con Outlook Web App, consulte Como iniciar sesión na súa conta de correo electrónico por medio dun explorador web. Se ten algún problema para iniciar sesión, consulte Preguntas máis frecuentes: Problemas de inicio de sesión e dos contrasinais ou póñase en contacto coa persoa que xestiona a súa conta de correo electrónico.

Conexións de Exchange ActiveSync, POP3 e IMAP4

Pode utilizar o seu teléfono móbil para acceder ao seu correo electrónico, cómpre configurar unha conexión Exchange ActiveSync, POP3 ou IMAP4 entre o seu teléfono móbil e a súa conta.

Nota

Se non está seguro de se o seu teléfono móbil é compatible con Exchange ActiveSync, POP 3 ou IMAP4, consulte a documentación do teléfono móbil ou contacte co provedor de servizos móbiles.

Exchange ActiveSync

Exchange ActiveSync está pensado para sincronizar a información de correo electrónico, calendario, contactos e tarefas, ademais das mensaxes de correo de voz. Se configura unha conexión Exchange ActiveSync, o seu teléfono móbil manterase actualizado coa súa caixa de correo a través dun proceso coñecido como sincronización.

POP3 ou IMAP4

As contas de POP3 e IMAP4 están deseñadas para enviar e recibir mensaxes de correo electrónico. SE configura unha conexión POP3 ou IMAP4, o seu teléfono enviará e recibirá mensaxes de correo electrónico cando vostede elixa. Se pode escoller entre POP3 e IMAP4, recomendámoslle que escolla IMAP4 porque é compatible con máis funcións.